ROBERTO DE DIOS RIVAS

ROBERTO DE DIOS RIVAS

CURRÍCULO

Licenciado en CC. da Actividade Física e o Deporte. Universidad de A Coruña.

Diploma de Estudios Avanzados en Educación Física. Universidad de A Coruña.

Postgrado de Experto en Xestión Económica e Modelos de Negocio en Instalacións Deportivas.  Universidad Castilla La Mancha.

Asesor Técnico do Servicio Municipal de Deporte. Concello da Coruña.

1. Coñecías AGAXEDE antes de ser socio/a?
Si, recordo que xa durante o meu periodo de alumno do INEF Galicia, un atípico profesor dunha asignatura que parecía de irrelevante peso no currículum, se empeñaba en dinamizar moito as suas clases facéndonos partícipes de eventos que para nós se saían da tediosa rutina das aulas. Era Eduardo Blanco. Recordo o día que nos comentou que decidira asumir a presidencia dunha Asociación Galega de Xestores Deportivos, co reto de dinamizala e recuperar a súa actividade, tendéndonos a man para formar parte e axudar no proxecto, e aquí seguimos.    

2. Cómo decides facerte socio/a de AGAXEDE?
Esas actividades das que antes falaba, que como alumno as via como algo cuasi lúdico, foron despertando en min unha espectativa como posible saída laboral, pouco a pouco foi medrando a miña concienciación do que realmente estábamos creando e a consecuente implicación nos mesmos, polo que, dende a miña primeira participación na carreira alternativa no grupo de alumnos, ata o día de hoxe co meu traballa no recente VI Congreso Galego de Xestión Deportiva, celebrado o pasado marzo en Ourense, sempre estiven liagado á asociación, dende a miña participación nos grupos de traballo ata a vicesecretaría.    

3. A qué te adicas, profesionalmente falando, na actualidade?
Profesionalmente o meu día a día, transcurre entre tarefas de asesoramento técnico, planificación, execución e avaliación de proxectos deportivos como Asesor Técnico do Servicio Municipal de Deportes do Concello da Coruña.

Ademáís, penso que como a maioría de nos, sintome un privilexiado por facer profesión algo que comezou como vocación. É por iso que incluso no meu tempo libre me gusta botar unha man ou involucrarme en calquer cousa relacionada co mundo do deporte que forma parte da miña vida. 

4. No teu desempeño profesional, no ámbito da xestión deportiva, qué tarefas consideras primordiais?
Profesionalmente, á hora de comezar a plantexar calquera proxecto paréceme capital, sentarse a pensar e tratar de preveer todas as accións necesarias (a planificación), e nun segundo momento darlle orde a todas esas accións (a cronoloxía) para o correcto desenvolvemento do proxecto en cuestión. Normalmente, este proceso inicial de planificación, soe derivar noutras tarefas que van aderidas e complementan o proceso.

Unha vez plantexado o marco deberemos de tratar de axustalo ó máximo posible a realidade que vivamos cada un de nos ou cada organización á que pertenezcamos, neste punto paréceme fundamental a participación de persoas que coñezan de primeira man o funcionamento do sistema deportivo, e en contacto directo co beneficiado final, que no noso caso é o cidadán.  

5. Consideras necesario que exista unha institución como AGAXEDE? Por qué?
Considero que unha relación fluida, entre profesionais de calquer sector sempre resultará positiva para a búsqueda de solución a posible problemas comúns que nos encontremos o que poidamos encontrarnos nun futuro. Por iso me parece que é unha gran sorte dispoñer de AGAXEDE como ese  espazo (tanto físico como telemático) donde podamos formar un colectivo forte e moi ben formado, para afrontar calquer problema profesional apoiándonos na experiencia, formación ou iniciativas que nos poida aportar o colectivo.  

Asemade, penso que AGAXEDE debería de verse como un pilar por  todas aquelas persoas que desinteresadamente adican moitas horas do seu tempo libre á realización de tarefas administrativas e organizativas de clubs, agrupacións, ou asociacións deportivas (denominadas terceiro sector), non profesionalizadas, con grandes esforzos provocados as veces por descoñecemento dos procedementos administrativos ou falta de formación. Esta é a realidade do noso sistema deportivo, non profesional, e quizais deberíamos de traballar sobre esta base axundando a darlle un caracter serio e formal ás accións deportivas que tanto pulo e repercusión social obteñen.

6. Qué che aportou a Asociación Galega de Xestores Deportivos ata este momento
Penso que a asociación aporta a cada socio o que cada un demanda. No meu caso, hai unha relación diaria e estreita que me aporta moitísimo con un aprendizaxe contínuo, ven sexa no traballo referente a algún evento propio da asociación en concreto ou tratando de dar solucións a algúnha casuística dalgún outro xestor que se apoia na asociación.  

Por exemplo, nas nosas mans naceron os Premios Galicia Xestión Deportiva, que este ano 2016 cumplirán xa a súa VII edición, con unha gran aceptación.  

Non existe mellor formación que estar codo con codo a diario con unha persoa que continúa sendo un referente a nivel nacional, como Eduardo.  

7. Que lle pedirías nun futuro a Asociación?
Como coñecedor e partícipe do esforzo diario que se está a facer por as persoas que encarnan esta asociación, non podo máis que agradecer a todos eles os pasos dados ata o momento, sacando petróleo poñendo moito esforzo e adicación, e como compañeiro agradecer tamén o bo ambiente reinante sempre, a pesar de traballar de maneira altruista, restando tempo ás demás facetas da vida de cada un.

A pesar da evidencia coñecida por todos, e mester resaltar o nome de Eduardo Blanco, que máis que Presidente, é o “lider desta asociación” con toda a grandeza que estas palabras señalan, facéndonos sentir a todos os membros da xunta directiva e dos dfiferentes equipos de traballo parte do mesmo barco, partícipes dos pasos acadados, responsables e orgullosos dos traballos realizados e todo sempre dentro dun bo ambiente de equipo, no que todos somos necesarios, e donde quen chega primerio e se vai último é él.

Volvendo á pregunta, si tibese algo que pedír, sería aos propios socios, que por o mero feito de selo, cada un de nos temos unha pequena responsabilidade de que este colectivo da xestión deportiva (pública ou privada) poida medrar e estar presente en toda Galicia, primeiramente tratando de concienciar a colegas de profesión da importancia de asociarse e formar equipo, e por suposto tratando de aportar ideas ou plantexando posibles plans, proxectos ou programas, a nivel local, provincial ou autonómico co respaldo ou soporte desta asociación que debemso de ser todos os que nos adicamos a isto.       

8. Mantés contacto co resto de xestores deportivos da Comunidade Galega?
No meu caso, e gracias principalmente a todas as accións que se promoven a través de AGAXEDE, manteño contacto con algúns dos xestores deportivos, ainda que a veces se pode botar en falta aire fresco que poidan vir a aportar novos asociados, ou participantes nas xornadas, congresos,...

9. Recomendarías aos teus colegas de profesión a pertencia a AGAXEDE?
Por suposto, o que calquer persoa que pertencente a un colectivo demandaría (e de feito se demanda), é a fortaleza como tal colectivo, e esto se logra coa participación activa e sentemento de pertenecia dos seus asociados. Por iso, trato de convener a todo aquel que esté da miña man para que participe tanto como asociado, como axudando nas diferentes organizacións.

Compartir este post: