PUBLICADAS NOVAS MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O COVID-19
06/03/2021 Categoría:  Actualidade

O pasado día 4 de marzo era publicado no nº 43- Bis do DOG. o DECRETO 37/2021, polo que se modifica o Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, así como a ORDE do 4 de marzo de 2021, pola que se modifican a Orde do 25 de febreiro de 2021 na que se establecen as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostelaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pode consultar a nosa noticia acorde coa previa orde, aquí.

Mentres que a actividade física e deportiva en todas as súas expresións non parece sufrir modificacións aparentes, no relativo aos posibles cambios que puideran afectar ao sector socio-deportivo, atopamos a seguinte modificación:

"3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

A realización de actos e reunións laborais, instucionais, académicos, profesionais, sindicais, de repesentación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de fomación e ocupacional poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, se ben recoméndase que se realicen de foma telemática sempre que sea posible. Non se poderán superar o trinta por cento de capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 75 persoas para lugares pechados e de 150 persoas se se trata de actividades ó aire libre. Non obstante, poderase ampliar o límite indicado previa autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo as concretas medidas organizativas e de seguridade propostas aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos e privados, deberá de ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade pola CODI-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenrolen, modifiquen ou substituyan."

Pode atopar o documento completo relativo ó DECRETO neste enlace.

Pode atopar o documento completo relativo á ORDE neste enlace.