D. Mariano Gómez-Ulla, Presidente do Club Financiero Atlántico, e D. Eduardo Blanco Pereira, Membro da Xunta Directiva do Club e Presidente da Federación de Asociacións de Gestores del Deporte de España, convídanlle a participar no xantar-conferencia con D. José Ramón Lete Lasa, Secretario de Estado para o Deporte e Presidente de Consello Superior de Deportes, que terá lugar o venres 14 de xullo ás 14:00h no Club Financeiro Atlántico. O xantar ten un prezo de 38€ e as reservas débense efectuar antes do 12 de xullo (981 130 347 / relacionespublicas@cfatlantico.com).
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á primeira quincena do mes de xullo. Podedes atopalo aquí.
leer máisOs días 18 e 19 de novembro de 2016, celebrouse no Paraninfo da Universidade da Coruña, o XII CONGRESO ESPAÑOL DE DEREITO DEPORTIVO organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) e a Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD). Os relatorios e comunicacións seleccionadas recóllense na obra de Editorial Reus "Asociacionismo deportivo: diagnóstico e perspectivas". Podedes ver a portada e unha mostra do libro aquí.
leer máisNova publicada en La Voz de Galicia dedicada á Primeira Promoción do INEF de Galicia, agora Facultade de Ciencias do Deporte, que comezou a súa andadura no ano 1987. Esta promoción xuntouse nestes días para celebrar tal efeméride. Podedes ler a nova aquí.
leer máisXa están dispoñibles as fotos da Semana de Intercambio do E4SPORT 2.0, que tivo lugar entre o 4 e o 10 de xuño nas instalacións da Residencia Universitaria Rialta (A Coruña). O intercambio forma parte do proxecto Erasmus+ que lidera AGAXEDE, e do que tamén forman parte Forum Astur, AGEDECYL, AGEDEX e APOGESD. Podedes atopar as fotos e máis información do E4SPORT 2.0 aquí.
leer máisA Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España vén de publicar o seu boletín informativo correspondente á segunda quincena do mes de xuño. Podedes atopalo aquí.
leer máisEntre o 26 e o 30 de xuño terá lugar en Santiago de Compostela o II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Federación Galega de Fútbol. Podedes atopar toda a información aquí ou na páxina web do Congreso: http://www.usc.es/gl/congresos/cpsifutbol.
leer máisOs días 24 e 25 de novemebro terán lugar en Zaragoza as VII Xornadas Nacionais de Medicina do Deporte, organizadas pola Asociación Aragonesa de Medicina do Deporrte (ARAMEDE) e a Sociedade Española de Medicina do Deporte (SEMED). Podes atopar máis información lendo a nova completa.
leer máisO pasado sábado, 10 de xuño, celebrouse unha reunión da Xunta Directiva de AGAXEDE na que, entre outros, se aprobou a convocatoria dos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva - 2017.
leer máisConvocados os VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva. Presentación de candidaturas ata o 27 de outubro de 2017.
leer máis